Cerrar
Ponte de Cuñas, S/N 27760 - Lorenzana - Lugo
+34 982 12 14 06 info@terrasdamarina.es

A cooperativa Terras da Mariña, S. Coop. Galega atópase no termo municipal de Lourenzá, pero está composta por socios de toda a comarca de “A Mariña Lucense”.

Nace pola inquietude dun grupo de produtores de “ Faba de Lourenzá” ante unha serie de peculiaridades relacionadas coa produción e comercialización.

Envórcase na xestión conxunta da produción da Faba das explotacións dos socios da mesma, e así poder garantir un Referencial de Calidade verificable que asegure unha trazabilidade e unha seguridade alimentaria aos nosos clientes, en relación ao uso de Fitosanitarios e á Análise dos puntos perigosos e críticos do seu manexo, e ao seu comercio.

Local Terras DaMarina

VALORES

• Debido ás características da terra e as técnicas tradicionais empregadas no seu cultivo, as leguminosas producidas en A Mariña Lucense, presentan unha calidade excepcional.

• Estas condicións edafolóxicas da zona son especialmente favorables para o seu cultivo, obtendo un grano brillante, de pel fina e pulpa tenra, cunha agradable textura e un sabor característico.

• Nas zonas agrícolas produtoras predominan as terras francas e franco-fangosas, con valores de ph entre 7 e 5, ideais para o seu cultivo.

• A nosa Faba chega aos consumidores despois dun rigoroso proceso de selección, almacenamento e conservación. Sepáranse os graos defectuosos e se clasifican segundo o seu calibre.

• Para evitar a aparición do “gurgullo” e o seu deterioro, é introducida en cámaras frigoríficas durante alomenos 48 horas a unha temperatura inferior a -20ºC. Esto implica a ausencia de tratamentos químicos para a conservación do produto.

• Unha vez superado este proceso, as Fabas son almacenadas a temperatura ambiente en lugares frescos e secos, onde permanece ata o momento do envasado.

 

Campo Fabas

¿POR QUÉ TERRAS DA MARIÑA? O QUE NOS FAI EXCEPCIONAIS.

Ademáis da calidade dos nosos produtos, nós como cooperativa preocupámonos moito pola trazabilidade e a seguridade dos nosos produtos. Por iso, levamos un control moi estrito de todo o proceso produtivo da faba.

A través dun programa de trazabilidade, nós e os nosos clientes, a través dun número de lote, podemos saber quen produciu esa faba, en que leira, que tratamentos se empregaraon, que fertilización levou, cando se sementou, cando se recolleu, que enfermidades sufriron, cando se conxelou, cando se clasificou e quen a clasificou, etc…

Nunca mesturamos as Fabas dun socio coas doutro e dentro da produción dun mesmo socio sempre envasamos cada leira por separado, garantindo así que as fabas de cada envase responden a unha calidade uniforme e que todas se van a comportar de igual forma á hora da súa cocción.

Un biólogo controla todo o proceso produtivo da faba dos nosos socios, desde o laboreo dos terreos ata o envasado final do produto.

Fanse análises en laboratorios tanto dos terreos (para controlar as súas características) como do produto final para garantir que está libre de residuos e perfectamente san así como para comprobar os niveis nutricionais do mesmo.

Outra posibilidade que ofrecemos desde Terras da Mariña é a de reserva de lotes, é dicir; se un cliente está contento cun tipo de faba podémos reservar a cantidade desexada dese mesmo lote, sen necesidade de ter que adquirila nese instante, esa cantidade dese lote se reserva para o cliente e pode ir adquirindo as cantidades que necesiten, garantindo así que sempre vai recibir o mesmo tipo de Faba, coas mesmas calidades, aforrando tamén un gasto e un espazo de almacenamento.